lunes, 30 de junio de 2014

Último mes de competición


O mes de xullo será o derradeiro mes da Liga de Tenis 2014, polo que solicitamos a colaboración de todos os xogadores para que actualicen os seus partidos e disputen en plazo todos os seus enfrontamentos.


Queremos pedir a axuda de todos para poder rematar a competición no tempo establecido no inicio de Liga.

Si tedes partidos aplazados tratade de xogalos o máis axiña posible para ter as clasificacións actualizadas e poder coñecer como van a quedar as distintas categorías.


Tamén avisaremos en vindeiros días como quedará a cena fin de tempada na que se entregarán os trofeos e os agasallos para os participantes.

Moita sorte.....

No hay comentarios:

Publicar un comentario